Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Mércores, 01 de outubro de 2003 Páx. 12.310

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 29 de xullo de 2003, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se inicia a tramitación do expediente de clasificación dos montes As Devesas e outros, pertencentes ó barrio da Devesa do concello de Soutomaior.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, en sesión que tivo lugar o día 29 de novembro de 2000, acordou inicia-los trámites para a clasificación, como veciñal en man común, dos seguintes montes:

Concello: Soutomaior.

A favor de: A Devesa de Arcade.

Nome do monte: Douro e Grande.

Cabida: 28.200 m (superficie alegada na solicitude).

Estado forestal: fieital/herbazal, con pés perimetrais de fustal de Pinus pinaster. Obsérvase aproveitamento de esquilmos e furoneo en piñeiro.

Servidumes: camiños de servicio e voo de liña eléctrica de baixa tensión.

Lindes:

Norte: predios particulares de Nicanor Reguera Alján, Palmira Álvarez e outros e camiño.

Leste: predios particulares de Dolores Reguera Vidal e outros.

Sur: monte veciñal en man común de Arcade de Arriba.

Oeste: predios particulares de Amador Fernández, Antonio Reguera e outros e camiño.

Nome do monte: As Devesas.

Cabida: 17.300 m (superficie alegada na solicitude).

Estado forestal: fieital con pés illados de Pinus pinaster e Quercus robur.

Ocupacións e servidumes: vertedoiro, apoio e voos de liñas de alta tensión, camiño de servicio.

Lindes:

Norte: estrada Arcade-Pontecaldelas.

Leste: predios particulares de Carmen Martínez, Nicanor Reguera e outros.

Sur: camiño.

Oeste: predios particulares de María Lorenzo, Esperanza Vilar e outros.

Nome do monte: O Copre e Salgueirón.

Cabida: 82.300 m (superficie alegada na solicitude).

Estado forestal: matogueira de silva e canraveiral con pés illados de Pinus pinaster.

Servidumes e ocupacións: apoios e voo de liñas de alta, media e baixa tensión. 2 torres de telefonía móbil. Vertedoiro e entulleira. Camiños de servicio.

Lindes:

Norte: predios particulares e monte veciñal da propia comunidade da Devesa.

Leste: predios particulares e monte veciñal da CMVMC de Pedreira.

Sur: estrada Arcade-Ponte Caldelas e camiño.

Oeste: monte veciñal da propia comunidade da Devesa.

O que se pon en coñecemento de tódolos interesados, para efectos de abrir un período de información dun mes de duración contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio para que se poida examina-lo expediente e aducir perante este tempo o que se estime procedente en relación co monte de referencia, de conformidade co disposto no artigo 11 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e no artigo 23.2º do Decreto 260/1992, do 2 de setembro, polo que se aproba o regulamento para a execución da dita lei.

Pontevedra, 29 de xullo de 2003.

José Antonio López Rodríguez

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra