Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Mércores, 01 de outubro de 2003 Páx. 12.309

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 24 de xullo de 2003, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se inicia a tramitación do expediente de clasificación dos montes Pedreira e Albelle pertencentes á parroquia de Guillade do concello de Ponteareas.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, en sesión que tivo lugar o día 8 de febreiro de 2002, acordou inicia-los trámites para a clasificación, como veciñal en man común, dos seguintes montes:

Concello: Ponteareas.

Parroquia: Guillade.

Nome do monte: Pedreira.

Cabida: 31 ha (superficie alegada na solicitude).

Límites:

Norte: CMVMC de Cumiar (concello de Ponteareas).

Sur e oeste: monte da propia comunidade de Guillade.

Leste: CMVMC de Mouriscados (concello de Mondariz).

Nome do monte: Albelle.

Cabida: 2 ha (superficie alegada na solicitude).

Límites:

Norte: estrada de Guillade.

Sur, leste e oeste: monte da propia comunidade de Guillade.

Servidumes e ocupacións:

Gran parte de la parcela atópase ocupada por un heliporto en funcionamento.

O que se pon en coñecemento de tódolos interesados, para efectos de abrir un período de información dun mes de duración contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio para que se poida examina-lo expediente e aducir perante este tempo o que se estime procedente en relación co monte de referencia, de conformidade co disposto no artigo 11 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e no artigo 23.2 do Decreto 260/1992, do 2 de setembro, polo que se aproba o regulamento para a execución da dita lei.

Pontevedra, 24 de xullo de 2003.

José Antonio López Rodríguez

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra