Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Mércores, 01 de outubro de 2003 Páx. 12.308

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 23 de xullo de 2003, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se inicia a tramitación do expediente de clasificación de varias parcelas pertencentes á parroquia de Meira do concello de Moaña.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais de Pontevedra, en sesión que tivo lugar

o día 9 de maio de 2002, acordou inicia-los trámites para a clasificación, como veciñal en man común, dos seguintes montes:

Concello: Moaña.

Parroquia: Meira.

Parcela nº 1. Superficie alegada na solicitude 18.625,18 m.

Lindes:

Norte: Concello de Marín.

Sur: parroquia de Domaio.

Oeste: monte veciñal, clasificado xa a favor de Meira.

Descrición: parcela de forma triangular.

Parcela nº 4. Superficie alegada na solicitude 1.195,08 m.

Lindes:

Norte, sur, leste e oeste: muro.

Descrición: sobrante de camiño en zona urbanizada.

Parcela nº 5. Superficie alegada na solicitude 16.345,47 m.

Lindes:

Norte: propiedades particulares de Díaz Boubeta.

Sur: propiedades particulares de Manuel Sánchez Llanos.

Leste: propiedades particulares de Amalia del Río.

Oeste: ribeira-mar Atlántico.

Servidumes e ocupacións: atópase atravesada pola estrada Cangas-Vilaboa, dentro desta parcela atópase un parque infantil de aproximadamente 300 m e o local da Comunidade de Montes de Meira.

Parcela nº 6. Superficie alegada na solicitude 10.064,50 m.

Lindes:

Norte: propiedades particulares de Manuel Santomé.

Sur: ribeira-mar Atlántico.

Leste: conservas La Guía.

Oeste: centro de primaria.

Parcela nº 7. Superficie alegada na solicitude 4.782,07 m.

Lindes:

Norte: propiedades particulares muro por medio e estrada ó centro de primaria.

Sur: propiedades particulares muro por medio.

Leste: camiño.

Oeste: propiedades particulares muro por medio.

Servidumes e ocupacións: atópase unha caseta de traída de augas, así coma diversas antenas.

Parcela nº 8. Superficie alegada na solicitude 42.957,68 m.

Lindes:

Norte: estrada de Cangas a Vilaboa.

Sur: propiedades particulares de Sara Arizaga.

Leste e oeste: camiño.

Servidumes e ocupacións: dúas liñas de media tensión, así como dúas vivendas ocupando 1.600 m e 1.500 m respectivamente.

Parcela nº 9. Superficie alegada na solicitude 45.293,80 m.

Lindes:

Norte: estrada de Cangas a Vilaboa.

Sur: estrada de acceso de Rodman e Latón e propiedades particulares de Sara Arizaga.

Leste: estrada de Cangas a Vilaboa.

Oeste: camiño e estrada de Cangas a Vilaboa.

Servidumes e ocupacións: empresa La Moa e unha vivenda.

Parcela nº 10. Superficie 24,58 ha.

Lindes:

Norte: monte xa clasificado da Comunidade de Montes de Meira.

Sur: propiedades particulares de José Piñeiro, Josefa García, Vicente García Martínez, Manuel García Paz, Luis Pereira, Javier Martínez Barreiro, Longina Cao Castro, Manuel Ríos, Jesús Díaz, Carmen Cao Costa, Amor Cordero, Manuel Cordeiro del Río, Carmen González, José M. Río Riobó, Eugenio Currás, María Touriño, Jesús Collazo del Río, José Durán, Manuel Rosales, Cándido Costa, estrada e camiño.

Leste: propiedades particulares de José Gallego e muro.

Oeste: propiedades particulares de Leonor Martínez, José Gallego e pista forestal.

O que se pon en coñecemento de tódolos interesados, para efectos de abrir un período de información dun mes de duración contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio para que se poida examina-lo expediente e aducir perante este tempo o que se estime procedente en relación co monte de referencia, de conformidade co disposto no artigo 11 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e no artigo 23.2º do Decreto 260/1992, do 2 de setembro, polo que se aproba o regulamento para a execución da dita lei.

Pontevedra, 23 de xullo de 2003.

José Antonio López Rodríguez

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra