Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Mércores, 01 de outubro de 2003 Páx. 12.305

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 13 de agosto de 2003 sobre concesión do título-licencia de axencia de viaxes do grupo maiorista-retallista a Amanecer en Galicia, con casa central na rúa Puente Dena, número 5, oficina B, Dena-Meaño (Pontevedra).

Examinado o expediente instruído por instancia de Juan José Sueiro Muñiz, titular da axencia de viaxes Amanecer en Galicia, en solicitude de concesión do oportuno título-licencia de axencia de viaxes do grupo maiorista-retallista.

Resultando que, coa referida solicitude achegouse toda a documentación que se indica no artigo 6 do Decreto 42/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de axencias de viaxes, guías de turismo e turismo activo.

Considerando que na empresa solicitante concorren tódalas condicións esixidas polo Decreto 42/2001, do 1 de febreiro, para a obtención do título-licencia de axencias de viaxes do grupo maiorista-retallista.

Considerando que na tramitación do expediente se observaron tódolos requisitos e formalidades establecidos legal e regulamentariamente.

Vistos a Lei 9/1997, do 21 de agosto, de ordenación e promoción do turismo en Galicia e o Decreto 42/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de axencias de viaxes, guías de turismo e turismo activo, esta Dirección Xeral de Turismo

RESOLVE:

Conceder título-licencia de axencia de viaxes do grupo maiorista-retallista con XG-216 a Amanecer en Galicia, con casa central na rúa Puente Dena nº 5, oficina B, Dena-Meaño (Pontevedra), da que é titular Juan José Sueiro Muñiz, que poderá exerce-la súa actividade mercantil a partir da data de publicación desta orde no DOG, con suxeición ó preceptuado no Decreto 42/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de axencias de viaxes, guías de turismo e turismo activo. A dita axencia

quedará inscrita no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Previamente, poderá interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG.

Todo iso sen prexuízo da posibilidade de interpoñer recurso extraordinario de revisión nos supostos e prazos previstos no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 13 de agosto de 2003.

P.D. (Orde 12-1-1998)

María A. Antón Vilasánchez

Directora xeral de Turismo