Visto o expediente instruído para efectos de transmisión da batea De la Torre II e da concesión administrativa que o ampara, resulta:
A) Antecedentes de feito:
Primeiro.-Mediante escrito de data 26-4-2003, Manuel de la Torre Estévez, solicitou autorización para a transmisión da concesión da batea De la Torre II.
Segundo.-Os informes do Servicio de Protección dos Recursos sobre as características da batea e do Servicio Técnico Xurídico sobre a tramitación do expediente, son favorables.
B) Fundamentos xurídicos:
Primeiro.-Este órgano é competente para resolve-lo expediente de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, y coa Orde do 14 de xuño de 1999 de delegación de competencias nos delegados territoriais da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.
Segundo.-O expediente seguiu tódolos trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, pola que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas
augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.
Vistas as disposicións citadas, por proposta de resolución elaborada polo Servicio de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:
Autoriza-la transmisión inter vivos, a favor de Beatriz de la Torre Graña (52491009H), da concesión que se indica a continuación:
Identificación.
Tipo: batea.
Nome: De la Torre II.
Ubicación:
Cuadrícula nº: 3.
Polígono: A.
Distrito: Bueu (Pontevedra).
Especies autorizadas:
Mexillón (Mytilus galloprovincialis).
Título habilitante: concesión.
Orde de outorgamento: 31-10-1972 (BOE/DOG nº 287).
Remate da vixencia: 31-10-2012.
Actual titular: Manuel de la Torre Estévez (35263516-P).
Josefa Rosario Graña Duarte (35261975-P).
Novo titular: Beatriz de la Torre Graña (52491009-H).
Baixo as seguintes condicións:
Primeira.-O titular deberá presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:
a) Documento notarial da transmisión ou doazón.
b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.
Segunda.-Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter achegado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.
Terceira.-O novo titular da concesión queda subrogado nos dereitos e obrigas do anterior, desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ámbolos dous casos desde o día seguinte ó da
súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
Vigo, 22 de maio de 2003.
P.D. (Orde 14-6-1999, DOG nº 120, do 24 de xuño)
Paloma Rueda Crespo
Delegada territorial de Pontevedra