Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Mércores, 01 de outubro de 2003 Páx. 12.297

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (741/2002).

Juan Rey Pita, secretario en funcións do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 741/2002, por instancia de Juan Casalderrey Piedras, Víctor Casalderrey Andrade e Juan Casalderrey Andrade contra Construcciones Image, S.A. e a empresa Acea

da Ma, S.L., sobre salarios nos que recaeu sentencia en data 7 de xullo de 2003 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido que estimando a demanda promovida por Juan Casalderrey Piedras, Víctor Casalderrey Andrade e Juan Casalderrey Andrade, contra as empresas Acea da Ma S.L. e Imaga Proyectos y Construcciones, debo condenar e condeno a estas ó aboamento dos demandantes das cantidades reclamadas en demanda, polos conceptos de salarios de 3 días de xuño, 10 de xullo, parte proporcional de vacacións do ano 2002, e ademais á empresa Acea da Ma, S.L. a que aboe ós demandantes as cantidades reclamadas en concepto de indemnización fin de obra.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que, contra esta, non cabe recurso ningún.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, o pronuncio, mando e asino».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación á empresa Acea da Ma, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña, 1 de setembro de 2003.

Juan Rey Pita

Secretario xudicial

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA