Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Mércores, 01 de outubro de 2003 Páx. 12.297

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2003, do Servicio Provincial de Estradas da Coruña, pola que se sinala a data para o levantamento de actas previas á ocupación dos bens afectados polas obras de acondicionamento da estrada C-545. Treito: Baio-Zas, clave AC/01/001.01.2, termo municipal de Zas.

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu punto 2º a competencia da Comunidade Autónoma Galega no desenvolvemento lexislativo e a execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

As obras indicadas no encabezamento desta resolución atópanse incluídas no programa de obras que se van realizar con cargo ó programa 413-B construcción, conservación e explotación de estradas.

Con data do 18 de xullo do 2003, o director xeral de Obras Públicas, por delegación do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda aprobou o proxecto de trazado das obras

AC/01/001.01.2 acondicionamento da estrada C-545. Treito: Baio-Zas.

Con data do 24 de xullo de 2003 a Xunta de Galicia procedeu a declara-la utilidade pública e urxente a ocupación dos bens e dereitos necesarios para efectos de expropiación para a mencionada obra por Decreto 337/2003, publicado no DOG nº 152, con data do 7 de agosto de 2003.

Na súa virtude e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 e seguintes do Regulamento para a súa aplicación, este servicio, en uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios do Concello de Zas, para que comparezan nos lugares, as datas e as horas que se detallan a continuación, co fin de proceder ó levantamento das actas previas á ocupación nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los dereitos afectados, o valor destes e os prexuízos determinantes da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ó lugar dos predios se se considera necesario.

Local: edificio da antigua Cámara Agraria.

Día 27 de outubro de 2003 de 10.00 a 13.30 horas de: Agra García, Aurora, a Espasandín Freire, Mercedes.

Día 28 de outubro de 2003 de 10.00 a 13.30 horas de: Espasandín García, Edelmiro, a Mata Rial, María del Carmen.

Día 29 de outubro de 2003 de 10.00 a 13.30 horas de: Mato Rodríguez, José María, a Rial Fondo, Esperanza.

Día 30 de outubro de 2003 de 10.00 a 13.30 horas de: Rial Lema, Carmen, a Vilariño Amado, Fernando.

A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como o plano parcelario correspondente estarán expostos no Concello de Zas, e no Servicio Provincial de Estradas da Coruña (praza Luis Seoane, s/n, 8ª planta, 15071 A Coruña).

Ó dito acto deberán acudi-los titulares afectados persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, DNI e o último recibo da contribución, podendo facerse acompañar, pola súa conta, se o estiman oportuno dos seus peritos e notarios.

Así mesmo e no cumprimento do establecido no artigo 56 do regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante un prazo de 15 días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución e ata o momento do levantamento da acta previa á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante este Servicio Provincial de Estradas da Coruña, praza Luis Seoane s/n, 8ª planta, as alegacións que consideren pertinentes con obxec

to de emendar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados pola urxente ocupación.

A Coruña, 12 de setembro de 2003.

P.A.

Antonio Barredo Martínez

Xefe negociado zona 3ª