Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Mércores, 01 de outubro de 2003 Páx. 12.280

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

DECRETO 358/2003, do 11 de setembro, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, pola Deputación Provincial de Lugo, dos bens e dereitos necesarios para a realización da obra número 118, Plan de Obras e Servicios 2002 Carballedo-estrada provincial da Barreira por Esmariz á CC-533, alargamento e mellora punto quilométrico 4,100 ó 4,950 (concello de Carballedo).

A Deputación Provincial de Lugo, en sesión celebrada o día trinta e un de maio de dous mil dous, aprobou o proxecto de obra nº 118, Plan de Obras e Servicios 2002 Carballedo-estrada provincial da Barreira por Esmariz á CC-533, alargamento e mellora do punto quilométrico 4,100 ó 4,950 e, na sesión do vinteoito de abril de dous mil tres, acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ó abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Os bens nos que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

A Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitiu informe favorable. O dito informe tivo entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local o día nove de xullo de dous mil tres.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, xa que segundo sinala a deputación, a actuación consiste na mellora do firme e a ampliación das curvas existentes nunha vía cun gran tráfico de vehículos e poder así acadar unha maior seguridade vial.

A competencia para a declaración da urxente ocupación correspóndelle ó Consello da Xunta de Galicia segundo o disposto nos artigos 27.2º e 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Administración Local e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día once de setembro de dous mil tres,

DISPOÑO:

Artigo único.-De conformidade co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, declárase a urxente ocupación, pola Deputación Provincial de Lugo para efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos concretados no expediente administrativo instruído para o efecto e necesarios para a execución da obra nº 118, Plan de Obras e Servicios 2002 Carballedo-estrada provincial da Barreira por Esmariz á CC-533, alargamento e mellora punto quilométrico 4,100 ó 4,950, debendo, se é o caso, unha vez ocupados os terreos necesarios, obte-las auto-

rizacións que foran necesarias dos organismos competentes, con carácter previo ó inicio das obras.

Santiago de Compostela, once de setembro de dous mil tres.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jesús Carlos Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Administración

Local