Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Mércores, 01 de outubro de 2003 Páx. 12.279

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

DECRETO 357/2003, do 11 de setembro, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, pola Deputación Provincial de Lugo, dos bens e dereitos necesarios para a realización da obra número 115, Plan de Obras e Servicios 2002 Antas de Ulla, alargamento e mellora da estrada provincial de Chantada a Antas de Ulla, punto quilométrico 23,630 ó 24,730 (concello de Antas de Ulla).

A Deputación Provincial de Lugo, en sesión que tivo lugar o día vinteseis de xullo de dous mil dous,

aprobou o proxecto de obra nº 115, Plan de Obras e Servicios 2002 Antas de Ulla, alargamento e mellora da estrada provincial de Chantada a Antas de Ulla, punto quilométrico 23,630 ó 24,730 e, na sesión do vinteoito de abril de dous mil tres, acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ó abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Os bens nos que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

A Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitiu informe favorable. O dito informe tivo entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local o día nove de xullo de dous mil tres.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, xa que segundo sinala a deputación, a actuación consiste no alargamento da plataforma e o aumento do radio das curvas existentes, coa finalidade de acadar unha maior seguridade do tráfico nunha vía que resulta obsoleta para as actuais necesarias viarias dunha comarca cun forte aumento do parque automobilístico.

A competencia para a declaración da urxente ocupación correspóndelle ó Consello da Xunta de Galicia segundo o disposto nos artigos 27.2º e 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Administración Local e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día once de setembro de dous mil tres,

DISPOÑO:

Artigo único.-De conformidade co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, declárase a urxente ocupación, pola Deputación Provincial de Lugo para efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos concretados no expediente administrativo instruído para o efecto e necesarios para a execución da obra nº 115, Plan de Obras e Servicios 2002 Antas de Ulla, alargamento e mellora da estrada provincial de Chantada a Antas de Ulla, punto quilométrico 23,630 ó 24,730, debendo, se é o caso, unha vez ocupados os terreos necesarios, obte-las autorizacións que foran necesarias dos organismos competentes, con carácter previo ó inicio das obras.

Santiago de Compostela, once de setembro de dous mil tres.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jesús Carlos Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Administración

Local