Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Mércores, 01 de outubro de 2003 Páx. 12.278

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2003 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 25 de setembro de 2003, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

A nova estructura orgánica da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, establecida polo Decreto 255/2003, do 8 de maio (DOG nº 94, do 16 de maio), modificado polo Decreto 281/2003, do 19 de xuño (DOG nº 119, do 20 de xuño) fai necesario modifica-la actual relación de postos de traballo da devandita consellería.

En consecuencia, por proposta do conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintecinco de setembro de dous mil tres, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro.-Modifica-la vixente relación de postos de traballo da Consellería de Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública, nos termos que se sinalan no anexo ó presente acordo.

Segundo.-Ordena-la publicación da dita modificación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

Terceiro.-Clasificar como postos de libre designación, de acordo coa motivación que se especifica, os seguintes:

CódigoDenominaciónMotivación

PR.C99.30.000.15350.001Xefe Servicio Coordinación AdministrativaArtigo 6 da orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 21 de novembro de 1989 (DOG nº 232, do 4 de decembro). Postos de confianza.

PR.C99.40.000.36560.001Xefe Servicio Coordinación Administrativa

PR.P01.00.001.15770.103Porteiro/a Maior

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do vintecinco de setembro de dous mil tres, relativo á modificación da relación de postos de traballo da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, coa finalidade de cumpri-lo dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2003.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública

Modificacións:

* No DOG nº 227, do 27-11-1995, na páxina 8.670:

-No centro de destino «D.X. FUNCIÓN PÚBLICA»:

-O posto «PR.C03.00.000.15770.007.-AUXILIAR ADMINISTRATIVO», na columna Adscr.Adm.P engádese «A11» e na columna Formación específica engádese «641».

-O posto «PR.C03.00.000.15770.015.-SUBALTERNO», cambia de código pasando a ser «PR.C03.00.000.15770.030».

-No centro de destino «S. X. XESTIÓN PERSOAL», o posto «PR.C03.00.002.15770.003.-SECRETARIO/A SUBDIRECTOR» na columna Adscr.Adm.P. engádese «A11» e na columna Formación específica engádese «641».

* No DOG nº 227, do 27-11-1995, na páxina 8.671, o centro de destino «S.X. de PLANIFICACIÓN E COORDINACIÓN INFORMÁTICA» cambia de denominación pasando a ser agora «S. X. DE PLANIFICACIÓN E COORDINACIÓN». Ademáis, no posto «PR.C05.00.001.15770.006.-XEFE SERVICIO ANÁLISE E PROGRAMACIÓN», na columna Observacións suprímese: «SEN DOTAR ORZAMENTARIAMENTE».

Amortizacións:

* Nos centros de destino, DOG e páxinas que se sinalan amortízanse os seguintes postos de traballo:

Centro de destinoCódigo do postoDenominaciónDOG

Secretaría XeralPR.C02.00.000.15770.032SubalternoDOG nº 227, do 27-11-1995. Páxina 8.668

Unidade InformáticaPR.C02.00.002.15770.002Analista-programadorDOG nº 134, do 12-7-2002. Páxina 10.829

S. X. Xestión de PersoalPR.C03.00.002.15770.029Xefe Servicio Planificación PersoalDOG nº 227, do 27-11-1995. Páxina 8.670

Inspección Xeral de ServiciosPR.C04.00.000.15770.077Subinspector de ServiciosDOG nº 056, do 23-3-1999. Páxina 3.271

Delegación Pontevedra-VigoPR.C99.40.000.36560.005Xefe Sección de Habilitación e AdministraciónDOG nº 41, do 26-2-2002. Páxina 2.687

Persoal laboral

Modificacións:

* No DOG nº 232, do 30-11-2000, na páxina 15.924, no centro de destino «OFICINA DA XUNTA DE GALICIA (FERROL)», o posto «PR.C99.30.000.15350.045.-ORDENANZA», cambia de denominación pasando a ser «TELEFONISTA» e na columna Complemento convenio (que agora se denomina Complemento singularidade engádase «1.225,02».

Código-Descrición das formacións específicas

392Nivel intermedio riscos laborais (R.I.).

394Técnico de nivel superior de prevención de riscos laborais nas súas tres especialidades: seguridade no traballo, hixiene industrial e ergonomía e psicoloxía aplicada (R.I.).

640Para persoal doutra administración, curso de perfeccionamento de galego (R.I.).

641Para persoal doutra administración, curso de iniciación de galego (R.I.).

Código-Descrición doutras administracións

A11Adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA.

A17Adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galica, Estado e CC.AA. e persoal docente con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.

AXGAdscrición exclusiva a funcionarios da Xunta de Galicia.

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN

LOCAL