Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Martes, 30 de setembro de 2003 Páx. 12.201

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 2003 pola que se adxudican as bolsas para estadías no estranxeiro e en centros españois situados fóra da Comunidade Autónoma, convocadas na Orde do 19 de maio de 2003 (Diario Oficial de Galicia do 26 de maio), pola que se convocan as bolsas correspondentes a diversas accións de formación de investigadores do Programa de Recursos Humanos do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica para o ano 2003.

Por Orde do 19 de maio de 2003 (DOG do 26 de maio) convocáronse, entre outras accións do Programa de Recursos Humanos do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica, bolsas para estadías no estranxeiro e en centros españois situados fóra da Comunidade Autónoma.

Conforme o disposto nas bases da convocatoria recollidas na Orde do 19 de maio de 2003 (DOG do 26 de maio) e na Orde do 15 de xullo de 2002 (DOG do 24 de xullo) desde o 18 ó 28 de xullo expuxéronse as listas das solicitudes admitidas e excluídas, podendo durante ese mesmo período os interesados formular reclamacións para emendar erros e falta de documentos.

Rematado este prazo e estudiadas as reclamacións presentadas, as solicitudes admitidas foron estudiadas pola Comisión de Selección de Investigación, creada polo Decreto 37/1998, do 30 de xaneiro (DOG do 6 de febreiro).

En consecuencia, atendendo á proposta elaborada pola citada comisión, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Concedérlle-las bolsas para estadías fóra da Comunidade Autónoma ás persoas que se relacionan no anexo a esta resolución para realizaren investigación nos centros que se sinalan, durante o período de tempo que se especifica e na contía que se indica en cada caso. Estas bolsas están cofinanciadas con fondos FSE da UE.

Segundo.-O pagamento das bolsas farase segundo o establecido no punto 11 das bases da convocatoria.

Terceiro.-A Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento adoptará as medidas necesarias para a formalización dos documentos de aceptación das bolsas ós que se fai referencia no punto 11 das correspondentes bases e para a instrucción dos correspondentes expedientes de gasto.

Cuarto.-O incumprimento por parte dos beneficiarios de calquera das bases da convocatoria suporá a perda do dereito a percibi-la subvención correspondente.

Quinto.-Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderán os interesados interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De non estima-la interposición deste recurso, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2003.

P.D. (Orde 21-1-2003, DOG do 27 de xaneiro)

Jesús Vázquez San Luis

Secretario xeral da Consellería de Innovación,

Industria e Comercio