De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónase apertura de trámite de audiencia, pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.
O acto foi adoptado polo Servicio de Inspección Tributaria da Delegación Territorial de Vigo, en aplicación do artigo 22 da Lei 1/1998, do 26 de febreiro, de dereitos e garantías dos contribuíntes.
A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, perante o servicio de secretaría desta delegación territorial, con enderezo na rúa Concepción Arenal nº 8, 3º planta, Vigo, en horario de 9.00 a 14.00 horas de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Vigo, 2 de setembro de 2003.
Pedro J. Arbolí Albarracín
Delegado territorial de Vigo
ANEXO
Interesado: Prado Grupo Alimentario, S.L.
NIF: B-36863157.
Enderezo: Cruz do Morto-Prado, Morgadáns, Gondomar.
Procedemento: imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados. Exercicio: 2000.
CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS
E VIVENDA