Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Luns, 29 de setembro de 2003 Páx. 12.175

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE PONTEVEDRA

CÉDULA de notificación (55/2000).

En virtude do acordado polo maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Pontevedra, no procedemento de referencia, por medio deste edicto faise saber que nos ditos autos se dictou a sentencia, co encabezamento e parte dispositiva que seguen.

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Pontevedra.

Sentencia número 80. En Pontevedra, o 22 de maio de 2003. Antecedentes de feito. Primeiro.-Que neste procedemento de xuízo de cognición se iniciou por demanda na que a parte demandante terminaba solicitando como petición que se dictase sentencia pola

que se condene a parte demandada ó pagamento das cantidade de cento dezaoito mil cincocentas setenta e dúas pesetas (712,63 euros), máis os xuros legais devengados ata o seu total pagamento, e ó aboamento das custas, e iso con base nos feitos e fundamentos de dereito que constan no seu escrito de demanda. Decido que, estimando a demanda de xuízo ordinario interposta polo procurador Sr. Sanjuán, en nome e representación de Aegon Seguros, contra Francisco Mendoza Juliench, en situación procesual de rebeldía, debo condenar e condeno o dito demandado a que lle aboe á demandante a suma de setecentos doce euros con sesenta e tres céntimos de euro (712,63 euros), máis os xuros legais, e condénoo, así mesmo, ó aboamento das custas do xuízo.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Francisco Mendoza Juliench, expídese esta cédula para que sirva de cédula de notificación.

Pontevedra, vintedous de xullo de dous mil tres.

O/a secretario/a

Rubricado