Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Luns, 29 de setembro de 2003 Páx. 12.174

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2003 pola que se convoca un curso sobre actuación policial nos casos de violencia de xénero.

Dentro das actividades programadas para o ano 2003 en colaboración coa Deputación Provincial de Pontevedra, en virtude do convenio de formación asinado entre a Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local e a Deputación Provincial de Pontevedra, anúnciase a celebración dun curso sobre actuación policial nos casos de violencia de xénero, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

-Coñece-la normativa xurídico-penal e procesual para os delictos e faltas deste tipo.

-Domina-la operativa profesional nos casos de malos tratos ás mulleres.

-Saber qué procedementos se deben seguir segundo a casuística de que se trate, así como os recursos asistenciais, legais e institucionais que se poden utilizar.

Publicación.

Esta actividade formativa, e tamén todas aquelas que se desenvolvan en colaboración coa Deputación Provincial de Pontevedra, será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP de Pontevedra.

Destinatarios.

O curso vai dirixido ós membros dos corpos de policía local da provincia de Pontevedra.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas.

30 prazas.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar neste curso deberá presentar, cuberta á máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 15 de outubro de 2003, ás 14.00 horas.

3. As instancias deberán enviarse á Deputación Provincial de Pontevedra-Área de Recursos Humanos e Formación (fax: 986 80 41 41): avenida Montero Ríos, s/n, 36001 Pontevedra; ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Datas.

O curso realizarase en datas do 20 ó 24 de outubro de 2003.

O horario será de 17.00 a 21.00 horas.

Contido.

O curso desenvolverase en sesións de tarde, de luns a venres, e nel trataranse os seguintes módulos:

* Módulo I. Tratamento socioasistencial.

-O maltrato como problema social. Situación actual do maltrato, con especial referencia a Galicia. Características, tipos e causas.

-Constantes nos casos de violencia de xénero. O ciclo da violencia.

-Consecuencias do maltrato. A asistencia institucional. Recursos e servicios sociais dirixidos ás víctimas.

-Outras instancias de apoio ós prexudicados.

* Módulo II. Tratamento procesual-penal.

-A violencia na familia e contra a muller desde a perspectiva xudicial.

-A necesidade dunha práctica policial axeitada a este tipo de delictos.

* Módulo III. Tratamento e operativa policial.

-Asistencia ás víctimas deste tipo de delictos.

-Intervención policial e primeiras dilixencias.

-A investigación e a recollida de probas e testemuñas.

-Operativa policial ordinaria.

-A interacción con outras institucións de axuda ás víctimas.

* Módulo IV. Tratamento nos medios de información.

-O tratamento dos casos de violencia intrafamiliar de cara á creación dunha opinión pública solidaria e consciente.

-A especial consideración da violencia contra a muller ou de xénero.

-A necesidade dun exercicio profesional rigoroso, con ausencia de morbo.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos farase pública o día 17 de outubro a partir das 14.00 horas, tanto na Deputación Provincial de Pontevedra como na Academia Galega de Seguridade, e os interesados poden coñecer e confirma-la súa asistencia chamando ós teléfonos 986 59 00 21 (AGS) ou 986 80 41 00, ext. 306/307 (Área de Recursos Humanos e Formación da Deputación Provincial de Pontevedra).

Lugar.

O curso desenvolverase no concello de Gondomar, quedando por concreta-lo seu lugar de realización, que se comunicará previamente xunto coa lista de admitidos.

Certificado de asistencia.

Ó remate do curso entregaráselle un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada nel.

Modificacións.

Tanto a Academia Galega de Seguridade como a Deputación Provincial de Pontevedra, se é o caso,

poderán modifica-lo desenvolvemento do curso para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 19 de setembro de 2003.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS

DE PONTEVEDRA