Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Luns, 29 de setembro de 2003 Páx. 12.172

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2003 pola que se convoca un curso sobre operativa policial en material de estranxeiría.

Dentro das actividades programadas para o ano 2003 en colaboración coa Deputación Provincial da Coruña, en virtude do convenio de formación asinado entre a Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local e a Deputación Provincial da Coruña, anúnciase a celebración dun curso sobre operativa policial en materia de estranxeiría, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

O curso ten por obxectivo principal da-los coñecementos necesarios en materia de estranxeiría, situacións conflictivas con estranxeiros, para que os policías poidan atallar e resolve-los posibles problemas que se lles poidan presentar na rúa.

Publicación.

Esta actividade formativa, e tamén todas aquelas que se desenvolvan en colaboración coa Deputación Provincial da Coruña, será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Destinatarios.

O curso vai dirixido ós membros dos corpos das policías locais da provincia da Coruña.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas.

40 prazas.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar neste curso deberá presentar cuberta a máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 15 de outubro de 2003, ás 14.00 horas.

3. As instancias deberanse enviar á Deputación Provincial da Coruña (Servicio de Asistencia a Municipios (fax: 981 18 33 33): avda. Alférez Provisional s/n, 15006 A Coruña; ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Duración e datas.

O curso desenvolverase en datas do 20 ó 24 de outubro de 2003.

O horario será de 16.30 a 20.30 horas do serán.

Contido.

O curso desenvolverase en sesións de tarde, de luns a venres, e nel trataranse os seguintes módulos:

-I. Consideracións xerais sobre estranxeiría e inmigración.

-II. Réxime xeral de estranxeiría e réxime comunitario.

-III. Documentación de estranxeiros.

-IV. Actuación operativa das forzas e corpos de seguridade nesta materia.

-V. Documentación de españois.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos farase pública o día 16 de outubro a partir das 14.00 horas, tanto pola Depu

tación Provincial da Coruña como pola Academia Galega de Seguridade, que os interesados poden coñecer e confirma-la súa asistencia chamando ós teléfonos 986 59 00 21 (AGS) ou 981 18 33 13 (Servicio de Asistencia a Municipios da Deputación Provincial da Coruña).

Lugar.

O curso desenvolverase no Concello de Boiro, na aula 1 do Centro Sociocultural sito na rúa Principal, s/n, desa localidade.

Certificado de asistencia.

Ó remate do curso entregaráselle un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada a el.

Modificacións.

Tanto pola Academia Galega de Seguridade como pola Deputación Provincial da Coruña, se é o caso, poderase modifica-lo desenvolvemento normal do curso para adapta-lo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 17 de setembro de 2003.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade