Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Luns, 29 de setembro de 2003 Páx. 12.176

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas de varios contratos administrativos.

O secretario xeral, actuando no nome do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Viven-

da, por delegación de atribucións segundo a Orde do 6 de marzo de 2003, resolveu adxudica-los seguintes traballos:

Asistencia técnica para a redacción de proxecto de trazado e construcción da obra Plan Galicia: acondicionamento da C-552 Carballo-Fisterra. Treito: Berdoias-Cee.

Adxudicatario: Proyfe, S.L.

Orzamento: 201.709,32 euros.

Asistencia técnica para a redacción de proxecto de trazado e construcción da obra Plan Galicia: mellora de trazado e capacidade da C-550 Cee-Tui. Treito: Muros-Noia. Subtreito: Muros, límite municipal de Muros coa Serra de Outes.

Adxudicatario: Idasa.

Orzamento: 199.507,85 euros.

Asistencia técnica para a redacción de proxecto de trazado e construcción da obra Plan Galicia: mellora de trazado e capacidade da C-550 Cee-Tui. Treito: Muros-Noia. Subtreito: límite municipal Muros coa Serra de Outes-Noia.

Adxudicatario: UTE José A. Torroja, S.A.-C.I. Nares, S.A.

Orzamento: 223.908,00 euros.

Asistencia técnica para a redacción de proxecto de trazado e construcción da obra Plan Galicia: acondicionamento da AC-414 Carballo-Buño, e da AC-420 Buño-Malpica de Bergantiños.

Adxudicatario: Ingeniería del Noroeste, S.L.

Orzamento: 201.069,99 euros.

Asistencia técnica para a redacción de proxecto de trazado e construcción da obra Plan Galicia: acondicionamento da AC-422 Buño-Ponteceso e da AC-424 Ponteceso-Corme.

Adxudicatario: Ciisa.

Orzamento: 229.146,40 euros.

Asistencia técnica para a redacción de proxecto de trazado e construcción da obra Plan Galicia: desdobramento (conversión en autovía) da vía rápida da Barbanza.

Adxudicatario: Idom, S.A.

Orzamento: 244.498,52 euros.

Asistencia técnica para a redacción de proxecto de trazado e construcción da obra Plan Galicia: mellora de trazado e capacidade da N-540. Treito: Celanova sur-fronteira Portuguesa.

Adxudicatario: Diagrama Ingeniería, S.L.

Orzamento: 201.000,00 euros.

Asistencia técnica para a redacción de proxecto de trazado e construcción da obra Plan Galicia: acondicionamento da AC-403 Muros-Santa Comba. Treito: Muros-As Paxareiras.

Adxudicatario: UTE Singla Ingeniería, S.L.-Vigiconsult, S.A.

Orzamento: 152.365,79 euros.

En cumprimento do previsto no artigo 60 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución, en canto pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nun prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación desta resolución, de conformidade co artigo 46 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa. O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 93 da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2003.

P.D. (Orde 6-3-2003)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda