Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Venres, 26 de setembro de 2003 Páx. 12.123

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 22 de xullo de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador de residuos relacionado no anexo e de referencia OU-007/03-RE, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona, a resolución do expediente sancionador por infracción á Lei 10/1998, do 21 de abril, de residuos.

Non obstante, de acordo cos arts. 107, 114 e 115 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, contra esta resolución que non esgota a vía administrativa, poderá interpor recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da presente publicación.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda, farase efectiva empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial de Ourense ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte a aquel en que a presente resolución adquira firmeza - a firmeza producirase ó non interpoñer recurso no prazo indicado-. De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobramento pola vía de constriximento.

Ourense, 22 de xullo de 2003.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU-007/03-RE.

Denunciado: Copers Hispania, S.L.

Derradeiro enderezo coñecido: rúa nº 3, polígono industrial de San Cibrao das Viñas. 32911. San Cibrao das Viñas.

Feito probado: queima de residuos: plásticos, discos de radiais, palés de madeira, bidóns, filtros, mangueiras e algunha roda.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 34.4º c) en relación co artigo 34.3º b) da Lei 10/1998, do 21 de abril, de residuos.

Sanción: multa de 150,25 A, e a obriga de repoñe-las cousas ó seu estado anterior á infracción cometida.