Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Venres, 26 de setembro de 2003 Páx. 12.123

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE COIRÓS

ANUNCIO.

Francisco Quintela Requeijo, alcalde-presidente do Concello de Coirós (A Coruña), en virtude das atribucións conferidas polo artigo 21.1º j) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local,

RESOLVO:

Primeiro.-Aprobar inicialmente o proxecto de expropiación para a execución do polígono 1 do plan parcial do parque empresarial de Coirós, redactado por Ernesto Loureiro Andújar por instancia do beneficiario da expropiación Xestión Urbanística de A Coruña, S.A.

Segundo.-Optar, para a execución do citado proxecto, polo procedemento de taxación conxunta.

Terceiro.-Somete-lo citado proxecto ó trámite de información pública polo prazo dun mes, mediante a inserción dos correspondentes anuncios en prensa e diarios oficiais, así como remitir notificacións persoais ós que neste momento aparecen como interesados, para que durante o dito prazo poidan consulta-lo proxecto de expropiación nas dependencias municipais, de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas, e presentar cantas alegacións coiden convenientes, en particular no que se refire á titularidade e valoración dos seus respectivos dereitos.

Cuarto.-Os mencionados edictos servirán de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para todos aqueles propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignorándose o seu enderezo, non poidan ser notificados personalmente no trámite de información pública.

Coirós, 12 de setembro de 2003.

Francisco Quintela Requeijo

Alcalde

ANEXO

Relación de propietarios e bens e dereitos

afectados pola expropiación para a execución

do parque empresarial de Coirós

Polígono

Parcela

Propietario

Enderezo

AfecciónSuperficie (m)

13

19

Carmen Pérez Vázquez

Santa María de Ois, 15316 Coirós

Total2.388

13

20

Manuela Vieites Golpe

Castrillón 6, Sta. Mª de Ois, 15316 Coirós

Total5.901

13

25

Isolino Martínez Piñeiro

Castrillón 13, Sta. Mª de Ois, 15316 Coirós

Total9.283

13

27

Hdros. de Antonio Álvarez Fandiño

Descoñecido

Total6.264

13

29

Dolores López Sánchez

R/ S. Andrés 123-5º, A coruña

Total8.820

13

38

Antonio Martínez Rivera e outro

Santiago de Ois 12, 15316 Coirós

Total1.380

13

74

Carmen Gayoso Deibe

R/ Carballo Calero 14-16, 1º esq., Narón

Total2.876

12

262

María Martínez Anido

Santa María de Ois 15, 15316 Coirós

Total85

12

379

Manuel Riveira Lage

R/ Xustiza 14, A Coruña

Total72