Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Venres, 26 de setembro de 2003 Páx. 12.111

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DA CORUÑA

CÉDULA de citación (467/2002).

Montserrat del Valle Prieto, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña, dou fe que nos autos de proposta de adopción que se seguen neste xulgado co número 467/2002, acordouse a citación de Catalina Estévez Godoy, mediante publicación da seguinte cédula de citación:

«En virtude do acordado polo maxistrado-xuíz de Primeira Instancia número dez da Coruña e o seu partido, en resolución desta data, nos autos de proposta de adopción numero 467/2002, que se seguen neste xulgado, acordouse citar a Catalina Estévez Godoy, actualmente en paradoiro descoñecido, co fin de que o día 31 de outubro ás 9.30 horas, compareza neste xulgado para práctica de dilixencias,

prevíndoo de que de non verificalo, pararano os prexuízos a que houber en dereito.

Na Coruña, 1 de setembro de 2003».

E para que conste e sirva de cédula de citación, expido este edicto que asino na Coruña a un de setembro de dous mil tres.

A Secretaria

Rubricado