Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Venres, 26 de setembro de 2003 Páx. 12.112

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DE SANTANDER

CÉDULA de notificación (116/2003).

Eu, Eloísa Alonso García, secretaria xudicial do Xulgado do Social número catro de Santander, fago saber que no procedemento execución 116/2003 deste Xulgado do Social, seguidos por instancia de Monserrat Castañeda González contra a empresa Seguranza Norte, S.L., sobre ordinario, se dictou o seguinte:

«Dada conta do exhorto remitido polo Xulgado do Social número dous de Vigo, facendo constar mediante dilixencia o peche da empresa, e quedando pendente de satisfacer nesta executoria a suma de 3.439,61 euros de principal e 343,96 euros de xuros e custas, sen que as actuacións e indagacións practicadas resultasen positivas para a traba de bens da executada, procédase a dictar insolvencia e antes diso, conforme o previsto no artigo 274.1º LPL, a lles dar audiencia ás partes e ó FGS para que no prazo de cinco días insten o que ó seu dereito conveña para a continuación da executoria, designando en tal caso bens concretos do debedor sobre os que despachar execución.

Modo de impugnala: mediante recurso de reposición que se deberá presentar neste xulgado dentro dos cinco días hábiles seguintes ó da súa recepción.

O que lle propoño a S.Sª. para a súa conformidade».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Seguranza Norte, S.L., en ignorado paradoiro, expido esta cédula para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

En Santander o vinteún de agosto de dous mil tres.

Advírteselle ó destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que revistan forma de auto ou sentencia, ou se se trata de emprazamento.

A secretaria xudicial

Rubricado

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA