Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de dez postos de traballo vacantes na Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado, mediante Orde do 20 de maio de 2003 (DOG nº 102, do 28 de maio), de conformidade co establecido na base sexta da referida orde, esta consellería
RESOLVE:
Primeiro.-Resolver definitivamente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre desig
nación, de dez postos de traballo vacantes nesta Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado, anunciada pola Orde do 20 de maio de 2003 (DOG nº 102, do 28 de maio).
Segundo.-Declarar deserto o posto de traballo convocado pola Orde do 20 de maio de 2003 (DOG nº 102, do 28 de maio), denominado:
Xefe do Servicio de Deportes.
Código: PR.P49.10.000.27001.001.
Nivel: 28.
Complemento específico: 9.309,72.
Grupo: A, B.
Corpo/escala: xeral.
Tipo de adscrición: A11.
Formación específica: 640.
Centro de destino: Servicio Territorial de Lugo (sección Deporte).
Localidade: Lugo.
Terceiro.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta conselleira, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2003.
Pilar Rojo Noguera
Conselleira de Familia, Xuventude,
Deporte e Voluntariado