Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Venres, 26 de setembro de 2003 Páx. 12.110

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ANUNCIO do 19 de setembro de 2003, da Dirección Xeral de Persoal, pola que comunica a apertura dun prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións no corpo de profesores de música e artes escénicas, especialidade de danza.

Comunícase que está aberto o prazo para posibles interinidades ou substitucións para o corpo e profesores de música e artes escénicas na especialidade de danza.

O prazo para presenta-la instancia solicitude, na consellería ou nas delegacións provinciais, será de 10 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.

O baremo axustarase ó publicado no anexo desta resolución.

O modelo de solicitude atópase na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou nas súas delegacións provinciais.

A asignación da puntuación que lles corresponde ós concursantes será levada a cabo por unha comisión constituída por funcionarios destinados na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Esta comisión estará cualificada na categoría pri

meira para efectos do previsto no Decreto 299/1990, do 24 de maio.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2003.

Severino Somoza Gómez

Director xeral de Persoal

ANEXO

Baremo de contratación para prazas de interinidades ou substitucións no corpo de profesores de música e artes escénicas, especialidade danza.

1. Criterio preferente:

Estar en posesión do título profesional de danza clásica ou española ou certificado de estudios acreditativo da finalización destes estudios.

2. Méritos académicos.

2.1. Expediente académico.

- Pola nota media de notable na titulación alegada para acceso ás prazas: 1 punto.

- Pola nota media de sobresaínte na titulación alegada para acceso ás prazas: 2 puntos.

2.2. Por cada título oficial de doutor, licenciado, enxeñeiro ou arquitecto distinto ó alegado como preferente: 1 punto.

2.3. Por cada título oficial de diplomado, enxeñeiro técnico ou arquitecto técnico distinto ó alegado como preferente: 0,50 puntos.

2.4. Por cada título de profesor de conservatorio de música distinto do alegado como preferente non asumido no punto 2.2.: 0,50 puntos.

2.5. Polo certificado de especialista en lingua galega: 1,50 puntos.

2.6. Polo certificado de perfeccionamento de lingua galega: 1 punto.

2.7. Polo certificado de iniciación de lingua galega: 0,50 puntos.

Os puntos 2.5, 2.6 e 2.7 son incompatibles entre si.

3. Experiencia docente: ata un máximo de 6 puntos.

3.1. Por cada ano de experiencia docente en ensinanzas de danza en centros autorizados: 1 punto.

3.2. Por cada ano de experiencia docente noutras ensinanzas: 0,25 puntos.

4. Experiencia profesional: ata un máximo de 8 puntos (unicamente será avaliable a experiencia acadada nos últimos 12 anos).

4.1. Coreografías propias estreadas: ata un máximo de 7 puntos.

4.2. Pola participación en produccións dancísticas: ata un máximo de 3 puntos.

5. Outros méritos:

5.1. Publicacións, artigos, libros, relacionados coa especialidade: ata un máximo de 2 puntos.

5.2. Por cursos relacionados coa especialidade: 0,10 puntos por cada 10 horas, ata un máximo de 2 puntos.

De tódolos méritos alegados deberá achegarse a correspondente documentación xustificativa.

CONSELLERÍA DE FAMILIA,

XUVENTUDE, DEPORTE

E VOLUNTARIADO