Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Xoves, 25 de setembro de 2003 Páx. 12.047

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SAN CIBRAO DAS VIÑAS

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicataria.

Concello de San Cibrao das Viñas.

Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: consultoría e asistencia técnica da redacción do proxecto básico e de execución, dirección facultativa, redacción do estudio de seguridade e saúde e coordinación en materia de seguridade e saúde durante a execución da obra dun edificio para gardería infantil no parque tecnolóxico de Galicia.

b) División por lotes e número: non.

c) Lugar de execución: Parque Tecnolóxico de Galicia.

d) Prazo de execución: vinte días.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Cincuenta mil euros (50.000,00 euros).

5. Garantías.

Provisional: 1.000,00 euros.

Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Lugar: Secretaría do Concello de San Cibrao das Viñas, en horario de 9.00 a 14.00 horas.

b) Domicilio e teléfono: Casa do Concello de San Cibrao das Viñas, praza da Constitución, 1. San Cibrao das Viñas. Teléfono 988 38 10 34. Fax: 988 38 11 01.

c) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Os establecidos no prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de proposicións.

a) Prazo de presentación: ata o décimo quinto (15) día natural contado desde o día seguinte ó da derradeira publicación deste anuncio no BOP ou DOG de 9.00 a 14.00 horas. Se o último día fose inhábil ou sábado o prazo rematará o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a que se indica no prego de cláusulas administrativas que rexe a contratación, consonte cos modelos que se establecen no dito prego.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da casa do concello.

9. Apertura de ofertas.

a) Lugar: Casa do Concello de San Cibrao das Viñas.

b) Data: o terceiro día hábil seguinte (excepto sábados) a aquel ó remate do prazo de presentación de ofertas.

c) Hora: 11.00 horas.

10. Outras informacións.

Os criterios de adxudicación serán os sinalados no prego de cláusulas administrativas.

11. Gastos do expediente.

Os gastos que xere esta contratación serán por conta do adxudicatario.

San Cibrao das Viñas, 16 de setembro de 2003.

Elisa Nogueira Méndez

Alcaldesa