Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Xoves, 25 de setembro de 2003 Páx. 12.046

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PORTAS

ANUNCIO.

Aprobado pola Comisión de Goberno, en sesión que tivo lugar o 15 de setembro de 2003, o prego de cláusulas económico-administrativas que rexerán a contratación, polo sistema de concurso mediante procedemento aberto e con trámite de urxencia, da obra de rehabilitación de edificio para centro de día de persoas maiores; centro de atención á primeira infancia e centro cultural, exposicións-auditorio, exponse ó público polo prazo de catro días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG para os efectos de exame e reclamacións.

Ó mesmo tempo anúnciase o concurso, aínda que a licitación se aprazaría no suposto de se formularen reclamacións contra o prego.

Entidade adxudicadora: Concello de Portas, Rapeira 1c, 36658 Portas. Teléfono: 986 53 61 61. Fax: 986 53 63 48.

Obxecto: rehabilitación de edificio para centro de día de persoas maiores; centro de atención á primeira infancia e centro cultural, exposicións-auditorio.

Orzamento: 1.500.000 euros.

Financiamento:

-Gardería:

Ano 2003: 60.000 a xunta.

Ano 2004: 70.000 a xunta e 60.000 o concello.

Ano 2005: 260.000 a xunta e 50.000 o concello.

-Centro de día:

Ano 2003: 150.000 a xunta.

Ano 2004: 150.000 a xunta e 25.000 o concello.

Ano 2005: 150.000 a xunta e 25.000 o concello.

-Auditorio:

Ano 2003: 90.000 a xunta.

Ano 2004: 36.000 a xunta.

Ano 2005: 120.000 a xunta e 15.000 o concello.

Ano 2006: 114.000 a xunta e 125.000 o concello.

Duración do contrato: 24 meses.

Modalidade de execución: concurso público, procedemento aberto e trámite de urxencia.

Garantía provisional: 2% do tipo de licitación.

Garantía definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Clasificación: grupo C; subgrupos 2, 4, 5, 6, 7, 8, 9; categoría: d.

Publicidade dos pregos: os licitadores poderán examinalos tódolos días hábiles na secretaría do concello.

Gastos de anuncio: serán por conta do adxudicatario.

Documentación: a esixida no prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación de proposicións: na secretaría do concello, das 10.00 ás 13.00 horas, durante o prazo de 13 días naturais contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Apertura de proposicións: terá lugar na casa do concello, ás 13.00 horas do terceiro día seguinte hábil ó da finalización do prazo de presentación das ofertas, considerándose o sábado día inhábil.

Portas, 16 de setembro de 2003.

Roberto Vázquez Souto

Alcalde