Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Xoves, 25 de setembro de 2003 Páx. 12.046

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO de licitación por concurso, con procedemento aberto, trámite de urxencia, para a contratación da subministración de varios vehículos para o concello de Culleredo.

1. Entidade adxudicadora: concello de Culleredo.

2. Obxecto do contrato: subministración de vehículos para o concello de Culleredo: 2 vehículos patrulla para a policía local, 1 vehículo patrulla e atestados para a policía local, 3 furgonetas (1 para servicios xerais, e 2 para medio ambiente), e 1 turismo para servicios sociais.

a) Descrición: a que figura nos pregos.

b) Prazo de duración do contrato: 48 meses.

3. Tramitación: urxente.

4. Procedemento: aberto.

5. Forma: concurso.

6. Orzamento: 215.913,60 euros, IVE incluído.

7. Fianza definitiva: 4% do importe de adxudicación.

8. Clasificación: non se esixe.

9. Obtención de documentos e información: Concello de Culleredo, Negociado de Contratación.

a) Domicilio: Rúa do Concello, nº 12, Tarrío, Culleredo.

b) Código postal, localidade: 15189 Culleredo.

c) Provincia: A Coruña.

d) Teléfono: 981 67 77 77.

e) Fax: 981 67 76 46.

f) Data límite obtención documentos e información: ata o remate do prazo para presentación de ofertas.

10. Presentación de ofertas: oito (8) días naturais, a contar desde o día seguinte á publicación do derradeiro anuncio de licitación (BOP ou DOG).

11. Documentación que hai que presentar: a que figura nos pregos.

12. Lugar de presentación: Concello de Culleredo, rexistro xeral, de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas, sábados de 9.00 a 13.00 horas.

13. Apertura de ofertas: en acto público o día hábil seguinte, que non sexa sábado, ó do remate do prazo de presentación de ofertas ás 12.00 horas. Se algún dos licitadores fixese uso da facultade de presenta-la súa proposición por correo que concede o artigo 80 do RGLCAP o acto de apertura celebrarase o 6º día hábil, que non sexa sábado, seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas, ás 12.00 horas. O órgano de contratación comunicará ós licitadores, mediante fax ou correo electrónico, esta circunstancia.

O acto de apertura terá lugar no Concello de Culleredo, sito en Rúa do Concello, nº 12 (Tarrío-Culleredo-A Coruña).

14. Gastos de anuncios de licitación: aproximadamente 650,00 euros.

Culleredo, 18 de setembro de 2003.

Isabel González Allegue

Tenente de alcalde de Economía, Facenda,

Patrimonio e Contratación