Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Xoves, 25 de setembro de 2003 Páx. 12.048

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

ANUNCIO de poxa con procedemento aberto para a contratación das obras incluídas no programa de rede viaria local 2003, adicional 2.

1. Obxecto: a contratación das obras incluídas no programa de rede viaria local anualidade 2003, adicional 2 que figuran a continuación, cos orzamentos, garantías e clasificacións que se relacionan:

Lugar de execución: Rianxo.

Denominación: C.P. 7202 Rianxo a Bures p.k. 1,50 a 3,30.

Orzamento: 67.970,90 euros.

Prazo de execución: 2 meses.

Clasificación: non se esixe.

Garantía provisional: 1.359,42 euros.

Garantía definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

2. Información: Servicio de Patrimonio e Contratación.

3. Proposicións: poderán presentarse no Servicio de Patrimonio e Contratación entre as 9.00 ás 13.00 horas do prazo dos 13 días naturais que comezará a contar desde o seguinte ó da publicación do presente anuncio no BOP ou DOG.

4. O texto íntegro do presente anuncio figura no BOP.

5. Gastos de anuncios: os gastos do presente anuncio serán por conta do adxudicatario.

A Coruña, 15 de setembro de 2003.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña