Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Xoves, 25 de setembro de 2003 Páx. 12.045

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BARBADÁS

PLAN especial dos Muíños.

A Corporación Municipal, na sesión do día da data, aprobou inicialmente o Plan especial de protección, rehabilitación e mellora do medio rural dos Muíños (Barbadás-Ourense), e de conformidade co disposto nos artigos 87 e concordantes da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e de protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública, para que poida ser examinado na secretaría municipal e presenta-las alegacións ou reclamacións que se estimen pertinentes, durante o prazo dun mes a partir da publicación deste anuncio no DOG.

Ourense, 15 de setembro de 2003.

O alcalde

Rubricado