Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Xoves, 25 de setembro de 2003 Páx. 12.045

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO de convocatoria dunha praza de técnico de xunventude.

A Comisión de Goberno do Concello de Culleredo (A Coruña), na súa sesión celebrada o 10 de xullo de 2003, aprobou as bases que rexerán a convocatoria para a provisión, polo sistema de concurso de méritos interno, dunha praza de técnico de xuventude.

No BOP nº 180, con data do 7 de agosto de 2003, publícanse integramente as bases da convocatoria que rexerán a provisión do dito posto.

O prazo de presentación de solicitudes será de quince días hábiles, contados do seguinte ó da publicación deste anuncio no BOE.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria publicaranse unicamente no BOP e no taboleiro de anuncios do concello.

Culleredo, 12 de agosto de 2003.

P.D. (Resolución alcaldía 18-3-2003,

BOP do 19 de xullo)

Alicia Ferreiro Varela

Cuarta tenente de alcalde