A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, en virtude das competencias que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 14 de marzo de 2002 (DOG nº 66, del 5 de abril), da Consellería de Sanidade, en cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, resolve publica-la adxudicación da seguinte contratación:
1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.
b) Dependencia que tramita o expediente: contratación administrativa.
c) Número de expediente: 20/2003.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo de contrato: subministración sucesiva.
b) Descrición do obxecto: subministración sucesiva de filtros.
c) Lotes: 8.
d) Boletín ou diario oficial e data da publicación do anuncio de licitación: DOCE nº S-76 -067208, do 17-4-2003, BOE nº 95, do 21-4-2003 e DOG nº 83, do 30-4-2003.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación ou canon de explotación.
Importe total: 244.011 euros.
5. Adxudicación:
adxudicación
Lotes Data Empresa Nacionalidade Importe
1 7-7-2003 Pall España, S.A. Española 50.050
2 7-7-2003 Pall España, S.A. Española 15.750
3 7-7-2003 Pall España, S.A. Española 18.375
4 7-7-2003 Pall España, S.A. Española 67.550
5 7-7-2003 Pall España, S.A. Española 10.150
6 7-7-2003 Deserto
7 7-7-2003 Siemens, S.A. Española 7.500
8 7-7-2003 Galmedic Suministros Médicos, S.L. Española 20.400
En cumprimento do previsto no artigo 58 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícase a presente resolución que pon fin á vía administrativa, podendo ser recorrida na vía contencioso-administrativa ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de 2 meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 21 de agosto de 2003.
Javier Jiménez Ferreres
Xerente xeral do Complexo Hospitalario
Universitario de Santiago de Compostela