Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Xoves, 25 de setembro de 2003 Páx. 12.043

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público, procedemento aberto, para a contratación dunha asistencia técnica para o apoio á xestión cinexética na Comunidade Autónoma de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.

1.2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

2.1. Descrición do obxecto: asistencia técnica para o apoio á xestión cinexética na Comunidade Autónoma de Galicia.

2.2. Prazo de execución: 24 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

3.1. Tramitación: ordinaria.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: cento vinte mil douscentos dous euros con corenta e dous céntimos (120.202,42 A).

5. Fianza provisional.

2% do presuposto de licitación: 2.404,05 A.

6. Fianza definitiva.

4% do orzamento de adxudicación.

7. Variantes.

Non se admitirán variantes.

8. Documentación e información.

8.1. Documentación.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán esta contratación, estarán á disposición dos interesados, durante o prazo de presentación de proposicións, na Subdirección Xeral de Xestión Orzamentaria e Contratación e na páxina da Internet: www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=3085

Para os efectos de información, as empresas que retiren os pregos da páxina web, e estean interesados en concursar a esta licitación, deberán enviar, ó seguinte enderezo de correo electrónico: rosa.blanco.tubio*xunta.es, os datos que a continuación se relacionan:

-No punto Asunto: obxecto do prego.

-Nome da empresa.

-Nº de teléfono.

8.2. Información.

Teléfono: 981 54 17 49.

9. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

9.1. Data límite da presentación: ás 14 horas do décimo quinto día natural a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución neste diario; se coincide en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.

9.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

9.3. Lugar de presentación:

a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.

b) Enderezo: San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

10. Apertura da documentación xeral (sobres A).

a) Entidade: Consellería de Medio Ambiente.

b) Enderezo: San Lázaro, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o oitavo día natural contado desde o seguinte ó do remate de presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.

e) Hora: ás 13.00 horas.

11. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Medio Ambiente.

b) Enderezo: San Lázaro, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o sexto día natural contado desde o seguinte ó da apertura da documentación xeral, se coincide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.

e) Hora: ás 12.00 horas.

12. Gastos do anuncio: pola conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2003.

Justo de Benito Basanta

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente