Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Mércores, 24 de setembro de 2003 Páx. 12.011

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudio de detalle para determinación de rasantes de zona verde sita entre a avenida de Vigo e rúa de nova apertura, formulado por Carlos Romero García.

O Pleno da Corporación, en sesión de un de agosto de dous mil tres, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Estimar parcialmente a alegación formulada por José Paz Andrade no período de información pública subsecuente á aprobación inicial de 1-7-2002 do estudio de detalle para determinación de rasantes da zona verde situada entre a a avda. de Vigo e rúa de nova apertura promovida por Carlos Romero García, dispoñéndose a modificación da situación da escaleira prevista de conexión entre os dous niveis que se grafan para evitar afección ó alegante, propietario do predio colindante, que lle poidan ocasionar prexuízos ou altera-las condicións de ordenación da súa parcela, desestimando as restantes alegacións formuladas polo sr. Paz Andrade de acordo cos informes técnicos transcritos no expositivo e que se incorporan ó texto deste acordo e se aceptan como motivación ó abeiro do artigo 89.5º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e á fundamentación xurídica expresada.

Segundo.-Prestar aprobación, con carácter definitivo, ó estudio de detalle formulado, mediante iniciativa particular, por Carlos Romero García, coa finalidade de defini-las rasantes de zona verde sita entre a avda. de Vigo e rúa de nova apertura, redactado polo arquitecto Ricarco Aguilar Argenti con visado colexial de 11-10-2001, anexo á memoria e planos nº 1, 3 e 4 da mesma autoría e visado colexial de 23-4-2002, que anulan e substitúen ós seus correlativos do proxecto, así como anexo á memoria e planos nº 0 e 2 con visado colexial de 12-12-2002, que tamén anulan e substitúen ós correlativos do proxecto, documentación esta última introducida por mor da alegación parcialmente estimada no proceso de información pública, dispoñéndose o seu sometemento a información pública.

O que se fai público para a súa executividade, significándose que contra este acto, que esgota a vía administrativa, poderase interponer directamente por quen se considera lexitimado o recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da publicación do texto íntegro da disposición impugnada, consonte co establecido nos artigos 10.1º.6 e 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, regulamentadora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Non obstante, tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que os interesados estimen procedentes conforme a dereito, significándole que o artigo 107.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, de modificación da anterior, non admite a interposición de recursos en vía administrativa contra as disposicións administrativas de carácter xeral.

Pontevedra, 20 de agosto de 2003.

P.D.

Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo

Tenente alcalde delegado da Área de Urbanismo

e Medio Ambiente

Adolfo Castro Pérez

Secretario acctal.