Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Mércores, 24 de setembro de 2003 Páx. 12.012

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RAIRIZ DE VEIGA

ANUNCIO de licitación por concurso.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Rairiz de Veiga.

2. Obxecto do contrato: redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento de adxudicación: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 75.942,13 euros, IVE incluído.

5. Garantía provisional: non se esixe. Garantía definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

6. Obtención de documentación: secretaría do concello. Teléfono: 988 46 55 52. Fax: 988 46 55 55. Data límite: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos do contratista: os establecidos con carácter xeral nos artigos 15, 16, 19, 20 e 197 da Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación de ofertas: prazo: quince días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se ese día fose inhábil ou sábado, o prazo rematará o seguinte día hábil. Documentación: a esixida no prego de cláusulas administrativas. Lugar de presentación: no rexistro xeral do Concello de Rairiz de Veiga, situado na

praza do Concello nº 1 de Rairiz de Veiga (Ourense) CP.: 32652, das 9.00 ás 14.00 horas.

9. Apertura de ofertas: no salón de sesións da Casa do Concello de Rairiz de Veiga ás trece horas do terceiro día hábil seguinte aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións (se o devandito día coincide en sábado a apertura terá lugar o seguinte día hábil).

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario ata un límite máximo de 600,00 euros.

Rairiz de Veiga, 15 de setembro de 2003.

O alcalde

Rubricado