Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Mércores, 24 de setembro de 2003 Páx. 12.009

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LAZA

EDICTO.

Convocatoria de concurso: obras de pavimentación do acceso a Souteliño.

1. Entidade adxudicadora. a) Organismo: Concello de Laza. b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría. c) Número de expediente: 2003/117.

2. Obxecto do contrato. a) Descrición do obxecto: pavimentación de acceso. b) Lugar de execución: Souteliño. c) Prazo de execución: tres meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación. a) Tramitación: urxente. b) Procedemento: aberto. c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación. Importe total: 70.408,00 euros.

5. Garantías. Provisional: 2% do orzamento base de licitación. Definitiva: 4% da adxudicación, incrementada co 4% do orzamento de execución por contrata das melloras ofertadas, se é o caso.

6. Obtención de documentación e información. a) Entidade: Concello de Laza. b) Domicilio: r/ Castiñeiro nº 4. c) Localidade e código postal: Laza, 32620. d) Teléfono: 988 42 20 02. e) Telefax: 988 42 21 02. f) Data límite da obtención de documentos e información: o décimo terceiro día natural, contado desde o seguinte ó da publicación do presente edicto no DOG e no BOP (se coincidise con sábado ou festivo, prorrogarase o prazo ó seguinte día natural non festivo).

7. Requisitos específicos do contratista: non se esixe clasificación.

8. Presentación das proposicións. a) Data límite de presentación: o décimo terceiro día natural contado desde o seguinte ó da última publicación do presente edicto no DOG e no BOP (se coincidise con sábado ou festivo, prorrogarase o prazo ó seguinte día natural non festivo). b) Documentación que integrará as ofertas: o modelo de proposición e a documentación que presentarán os licitadores serán os que se prevén nos pregos de condicións. c) Lugar de presentación: mesmos datos punto 6. d) Prazo durante o cal o licitador se obriga a mante-la súa oferta: ata a sinatura do contrato.

9. Apertura das ofertas. a) Data: o primeiro día natural seguinte ó da finalización do prazo para presentar proposicións, salvo que coincida con sábado, domingo ou festivo, suposto no cal, a licitación terá lugar o primeiro día natural posterior. b) Hora: 17.00 horas.

10. Outras informacións: criterios de valoración que se terán en conta para a adxudicación do concurso: os sinalados polas bases de contratación.

11. Gastos de anuncios: serán sempre por conta do adxudicatario.

Laza, 10 de setembro de 2003.

José Ángel García Moráis

Alcalde