Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Mércores, 24 de setembro de 2003 Páx. 12.008

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (MPE 2/2003).

A Comisión de Goberno, en sesión realizada o 29 de agosto de 2003, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente o documento de modificación puntual do Plan Especial de Protección en Reforma Interior da Cidade Vella e Pescadería no inmoble situado no número 4 da rúa Real, redactado por técnicos municipais.

Segundo.-Solicitar da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo o informe sobre o documento de modificación puntual.

Terceiro.-Somete-lo documento a información pública por prazo dun mes mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e en dous dos xornais de maior circulación da provincia, neste último caso, o anuncio deberá publicarse en dous días consecutivos.

Cuarto.-Dilixencia-los exemplares de modificación puntual.

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que á vista do expediente se poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes, durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O expediente pode consultarse na oficina de información do Servicio de Urbanismo (rúa do Parque, s/n), en horario laboral das 12.00 ás 13.30 horas, de luns a venres.

A Coruña, 8 de setembro de 2003.

José Luis Méndez Romeu

Concelleiro delegado de Urbanismo