Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Mércores, 24 de setembro de 2003 Páx. 12.008

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (EDD 1/2003).

O Pleno do Concello, en sesión realizada o día 7 de xullo de 2003, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o estudio de detalle para reaxuste de aliñacións no lugar de Mesoiro nº 97, promovido por Larcoruña, S.L.

Segundo.-Requirir do promotor do estudio de detalle a presentación, no rexistro municipal, do dous exemplares máis do instrumento de planeamento; que terán que ser idénticos ós previamente presentados o 30 de decembro de 2002.

Terceiro.-Publicar este acordo, no prazo máximo dun mes no DOG e no BOP, e comunicarlle a aprobación ó conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, dándolle traslado dunha copia autenticada de dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente, así como do expediente administrativo.

Cuarto.-Notificarlle o acordo de aprobación definitiva ó promotor do estudio de detalle.

Quinto.-Dilixenciar planos e memoria do estudio de detalle na súa integridade.

Este acordo pon fin á vía administrativa, e pódese interpor contra el con carácter potestativo, recurso de reposición perante o órgano que o dictou, no prazo dun mes, ou directamente recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, ámbolos dous prazos contados a partir do día seguinte a aquel no que se practicou a notificación ou, se é o caso, a publicación; todo iso de conformidade cos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en relación co artigo 46 da Lei da xurisdicción contencioso-administrativo, do 13 de xullo de 1998, sen prexuízo de calquera outro que coide pertinente.

O que se publica para xeral coñecemento e para produci-los efectos previstos neste acordo.

A Coruña, 10 de xullo de 2003.

O alcalde

P.D.

José Luis Méndez Romeu