Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Mércores, 24 de setembro de 2003 Páx. 12.009

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (expediente FG 482)

Por resolución desta Alcaldía nº 4010/2003, do 9 de setembro de 2003, acordouse aprobar inicialmente o estudio de detalle no predio sito na rúa dos Fieitos, en Bastiagueiro-Liáns, presentado por Dimarco Galicia, S.L. Acordouse, así mesmo, proceder á exposición pública do expediente nas oficinas municipais de Urbanismo das 8.30 ás 13.00 horas tódolos días laborais, polo prazo de vinte días, a través de anuncios no DOG e nun xornal dos de maior circulación da provincia, que computará desde a derradeira publicación, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se estimen oportunas.

Oleiros, 10 de setembro de 2003.

Ángel García Seoane

Alcalde-presidente