Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Martes, 23 de setembro de 2003 Páx. 11.967

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, de declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/1).

Visto o expediente para outorgamento de declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

-Solicitante: Energías Ambientales EASA, S.A.

-Domicilio social: rúa J. L. Bugallal Marchesi, 20-1º esq., 15008 A Coruña.

-Denominación: L.A.T. 66 kV Parque Eólico Serra de Outes, subestación Mazaricos.

-Situación: Mazaricos.

-Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de alta tensión, a 66 kV, sobre torres metálicas de celosía, prevista para dobre circuíto inicialmente tenderase un só circuíto, con conductor LA-280, de 9.805 m de lonxitude, coa orixe no pórtico da subestación do Parque Eólico de Serra de Outes ata o apoio nº 35, seguido do tramo subterráneo de 190 m de lonxitude, con conductor R.H.Z.1 36/66 kV de 3(1x360) mm Al e final no módulo de entrada subestación de Mazaricos, acompañado en todo o percorrido por cable OPGW 16F de 16 pares para cable de terra e telecomunicacións, descorrendo polo concello de Mazaricos.

O expediente someteuse ós trámites ordenados pola Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalación de enerxía eléctrica.

Na fase de información pública presentáronse as seguintes alegacións:

O propietario do predio nº 222, Antonio Tuñas Rodríguez, alega que non está de acordo coas afeccións notificadas nin co paso da liña pola súa propiedade, debido ós prexuízos económicos que isto lle implique.

A propietaria dos predios nº 198 e 199, María Generosa Caamaño Caamaño, alega que o paso da liña ocasiónalle prexuízos económicos porque lle foi concedida unha subvención por parte de montes para a súa replantación e limpeza.

O propietario do predio nº 259, José Manuel Cambeiro Escalote, o do predio nº 225, Jesús Fernández Suárez, e o do predio nº 3, Juan Tizón Presas, alegan que os cultivos dos seus predios non se corresponden cos notificados.

O propietario do predio nº 256, Antonio Martínez Cambeiro, alega que os cultivos do seu predio non se corresponden cos notificados e que o seu enderezo é lugar de Coiro, nº 9, Mazaricos.

A empresa Energías Ambientales EASA, S.A. manifesta que toma razón das alegacións que se poidan ter producido e que a valoración dos posibles prexuízos económicos que se poidan carrexar non son obxecto nesta fase de tramitación.

A propietaria María Dolores Pereiro Oreiro alega que o predio nº 230 é da súa propiedade e non de man común, como consta no expediente, e achega escritura notarial de doazón.

Energías Ambientales EASA, S.A. manifesta que toma razón da alegación e que será oportunamente convocada no levantamento das actas previas á ocupación para demostra-la titularidade da mesma.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310),

sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial

RESOLVE:

Autorizar e declarar de utilidade pública, en concreto, as devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran no proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do seguinte día ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.

A Coruña, 11 de setembro de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña