Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Martes, 23 de setembro de 2003 Páx. 11.968

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 11 de setembro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública o expediente de expropiación forzosa e a imposición de servidume de paso para os parques eólicos denominados Penas Grandes, Chantada, Monte Cabeza e Farelo, nos concellos de Rodeiro e Agolada, dos que resulta como beneficiaria a empresa Enerfin, S.A. e que mediante resolucións da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, do 5 de febreiro, 10 de xullo e 14 de maio de 2003, foron declarados de utilidade pública e leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados segundo o establecido no artigo 54.1º da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 54.1º da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, comunicamos a tódolos interesados afectados pola execución dos proxectos aprobados, que os días 6 e 7 de outubro de 2003, a partir das 10.00 horas, comezará sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados das seguintes parcelas:

ConcelloPrediosDíaHora

Rodeiro126-10-200310.00

Agolada17-10-200310.00

Os interesados recibirán unha notificación individual, coa debida antelación legal, na que se lles comunicará a data e a hora na que se deberán presentar os seus predios, informándoos de que poderán ir acompañados por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o consideran conveniente.

Vigo, 11 de setembro de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA

E DESENVOLVEMENTO RURAL