Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Luns, 22 de setembro de 2003 Páx. 11.940

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO.

En cumprimento co disposto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, faise público para o coñecemento xeral a seguinte adxudicación de contrato de obra:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Infraestructuras.

c) Número de expediente: ref. 1293.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: de obra.

b) Descrición do obxecto: concurso, mediante procedemento aberto e trámite urxente, para a contratación das obras de renovación do pavimento e servicios na rúa Dous de Maio.

c) Lote: único.

d) Boletín ou diario oficial e data da publicación do anuncio de licitación: BOP nº 123, do 31 de maio de 2003 e DOG nº 115 do 16 de xuño de 2003.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento aberto.

c) Forma: concurso.

4. Adxudicación.

a) Data: 31 de xullo de 2003.

b) Contratista: Manuel Cruz Madernaz.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 112.995,39 A.

Ourense, 5 de agosto de 2003.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde