Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Luns, 22 de setembro de 2003 Páx. 11.940

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIVEIRO

ANUNCIO de contratación.

A Comisión de Goberno do Concello de Viveiro, en sesión que tivo lugar o día 1 de setembro de 2003, aprobou o expediente de contratación da subministración que a seguir se relaciona:

1. Obxecto do contrato. Execución da subministración do mobiliario urbano no núcleo histórico do Concello de Viveiro.

2. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

3. Orzamento base de licitación. O orzamento global para a subministración do mobiliario urbano do núcleo histórico de Viveiro será de 66.303,77 euros, de acordo cos seguintes lotes:

Lote 1. Papeleiras: 46.083,26 A.

Lote 2. Bancos: 10.124,48 A.

Lote 3. Pilonas: 3.268,01 A.

Lote 4. Xardineiras: 2.430,31 A.

Lote 5. Varandas: 4.397,71 A.

4. Garantías.

a) Provisional: 2% do importe de cada lote.

b) Definitiva: 4% do importe da adxudicación de cada lote.

5. Obtención de documentación. O proxecto técnico e o prego de cláusulas administrativas estarán á disposición de tódolos interesados no Negociado de Urbanismo e Contratación, sito nos claustros de San Francisco, avda. de Cervantes s/n, en horario de 9.00 a 14.00 horas.

6. Prazo de presentación das proposicións. 15 días naturais seguintes á publicación do anuncio no derradeiro dos boletíns oficiais (DOG e BOP). No caso de que o día décimo quinto coincida en sábado, domingo ou festivo, entenderase o prazo prorrogado ata o día laborable seguinte.

7. Gastos de publicidade. Serán pola conta do/s adxudicatario/s.

8. Máis información. Teléfono: 982 56 20 47, en horario de 9.00 a 14.00. Fax: 982 56 31 56. Correo electrónico: viveiro*fegamp.es

Viveiro, 4 de setembro de 2003.

Melchor Roel Rivas

Alcalde