Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Luns, 22 de setembro de 2003 Páx. 11.938

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2003 pola que se anuncia a contratación de expedientes polos procedementos de adxudicación que se citan.

Concurso público, procedemento aberto, trámite urxente.

Asistencias técnicas e servicios.

Expediente nº: 405/2003.

Obxecto: redacción do proxecto básico e de execución do edificio de Investigación de apoio científico e tecnolóxico I fase.

Localidade: Lugo.

Provincia: Lugo.

Importe de licitación: 148.206 euros, IVE incluído.

Garantía provisional: 2.964,12 euros.

Prazo de entrega: 2 meses.

Concurso público, procedemento aberto e trámite ordinario.

Expediente nº: 615/2003.

Obxecto: deseño, desenvolvemento e soporte para a implantación dun sistema de xestión da calidade na área de xestión académica da USC.

Localidade: Santiago de Compostela/Lugo.

Provincia: A Coruña/Lugo.

Importe de licitación: 30.900 euros, IVE incluído.

Garantía provisional: 618 euros.

Prazo de entrega: 12 meses.

Expediente nº: 616/2003.

Obxecto: implantación dun sistema de xestión ambiental conforme a norma UNE-EN ISO 14001 da USC.

Localidade: Santiago de Compostela/Lugo.

Provincia: A Coruña/Lugo.

Importe de licitación: 30.000 euros, IVE incluído.

Garantía provisional: 600 euros.

Prazo de entrega: 12 meses.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Universidade de Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica.

c) Número dos expedientes: os arriba indicados.

2. Obxecto dos contratos.

a) Descrición dos obxectos: os arriba indicados para cada expediente.

b) Número de unidade que se van entregar/executar: as especificadas nos pregos de cláusulas.

c) Lugar de entrega/execución: Santiago de Compostela/Lugo.

d) Prazo de entrega/execución: o mencionado para cada expediente.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente/ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento de licitación.

Importes totais: os indicados anteriormente.

3. Garantías.

Provisionais: as citadas en cada expediente.

6. Obtención de documentación.

A documentación para participar nos concursos poderá ser consultada ou retirada na copistería Unidixital, Rosalía de Castro 45, 15706 Santiago de

Compostela, teléfono 981 55 30 32, correo electrónico info*unidixital.com, páxina web unidixital.com, ou na copistería Unicopia; avenida de Madrid 11-15, 27002 Lugo, teléfono 982 28 03 85.

Obtención de información:

a) Entidade: Universidade de Santiago de Compostela, Casa da Balconada, Servicio de Xestión Económica.

b) Domicilio: Rúa Nova, 6.

c) Código postal e localidade: 15782 Santiago de Compostela.

d) Teléfono: 981 57 25 00.

e) Fax: 981 54 70 09.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o oitavo día natural seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para o expediente 405/2003, e o décimo quinto día para os expedientes 615/2003 e 616/2003.

7. Requisitos específicos dos contratistas.

Clasificación: a indicada en cada expediente.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o oitavo día natural seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para o expediente 405/2003, e o décimo quinto día para os expedientes 615/2003 e 616/2003.

b) Documentación que se ten que presentar: a indicada nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: entidade: Universidade de Santiago de Compostela.

Rectorado: rexistro xeral.

Domicilio: praza do Obradoiro, s/n.

Código postal e localidade: 15782 Santiago de Compostela.

Ou en:

Entidade: Universidade de Santiago de Compostela, rexistro xeral.

Domicilio: servicios centrais do Campus de Lugo (edificio Biblioteca Intercentros).

Código postal e localidade: 27002 Lugo.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.

e) Admisión de variantes: admítense ata tres variantes.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Universidade de Santiago de Compostela.

b) Domicilio: Rúa Nova, 6.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: a mesa de contratación reunirase o terceiro día seguinte ó do remate do prazo de presentación

de proposicións para cada expediente. Se este día fose inhábil ou coincidise en sábado, reunirase o seguinte día hábil.

e) Hora: trece (13.00) horas.

10. Gastos do anuncio: serán por conta dos adxudicatarios a rateo.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2003.

P.D. (Resolución 10-7-2002)

Miguel A. Vázquez Taín

Vicerrector de Economía e Financiamento