Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Luns, 22 de setembro de 2003 Páx. 11.938

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 2003, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, para a adquisición de paquetes preventivos para usuarios de drogas por vía parenteral (C/356-2003).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Sanidade.

b) Dependencia que tramita o expediente: División Xeral de Recursos Económicos.

c) Número do expediente: C/356-2003.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: adquisición de paquetes preventivos para usuarios de drogas por vía parenteral.

b) Número de unidades que hai que entregar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) División por lotes e número: non hai.

d) Lugar de entrega: na distribuidora farmacéutica concertada, na Comunidade Autónoma de Galicia pola empresa adxudicataria.

e) Plazo de entrega: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinario, aberto e concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: douscentos sesenta mil catrocentos sesenta e dous euros con setenta céntimos de euro (260.462,70 A).

5. Garantía provisional: non.

6. Obtención de documentación e información: Consellería de Sanidade. Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, teléfono: 981 54 36 18 e telefax: 981 54 27 62.

7. Requisitos específicos do contratista. Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 15 días contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG). No caso de que o día sinalado coincida en domingo ou festivo, o prazo de presentación finalizará o seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade (ver punto 6).

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses contados desde a data da presentación de ofertas.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas: terá lugar ás 9.00 horas A.M., na sala 2-1 do edificio administrativo San Lázaro (ver punto 6), do oitavo día contado desde a finalización de presentación das ofertas.No caso de que o día sinalado coincida en domingo ou festivo, o prazo de presentación finalizará o seguinte día hábil.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario. O importe estimado máximo ascende a dous mil euros (2.000,00 A).

11. Se é o caso, portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria onde poden obtenerse os pregos: www.sergas.es.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2003.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos