Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Luns, 22 de setembro de 2003 Páx. 11.935

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 2003 pola que se anuncia concurso público aberto para a contratación de servicios para o desenvolvemento dunha ferramenta de autodiagnóstico estratéxico para as microempresas galegas.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público aberto para a contratación de servicios para o desenvolvemento dunha ferramenta de autodiagnóstico estratéxico para as microempresas galegas (CP 10/03).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), barrio de San Lázaro s/n, 15703 Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección de Servicios Xurídicos.

c) Número de expediente: CP 10/03.

2.Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servicios para o desenvolvemento dunha ferramenta de autodiagnóstico estratéxico para as microempresas galegas.

b) Lugar de entrega: Igape.

c) Prazo de execución (meses): 11 meses desde a sinatura do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento e forma de adxudicación: concurso público aberto.

4. Orzamento base de licitación. Importe total 119.500,00 A (cento dezanove mil cincocentos euros), imposto sobre o valor engadido (IVE) incluído.

5.Garantía provisional: 2.390,00 A.

6.Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: complexo administrativo San Lázaro.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

d) Teléfono: 981 54 16 93.

e) Telefax: 981 54 10 92.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite para a presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, se é o caso: (grupos, subgrupos e categoría) non procede.

b) Solvencia económico-financeira e técnica: contar con suficiente solvencia económica e medios para a execución do contrato, o que se acreditará polos medios establecidos no punto C da folla de especificacións.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: ás 14.00 horas do trixésimo día natural seguinte á publicación do anuncio de concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado, domingo ou festivo en Santiago de Compostela, o prazo entenderase prorrogado ata ás 14.00 horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e selado e dentro do prazo sinalado, presentaranse en:

1. Entidade: rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica.

2. Domicilio: complexo administrativo San Lázaro s/n.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

Ou por correo, anunciando ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax, télex, telegrama ou e-mail conforme o previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, que debe ter entrada no Igape antes do termo do prazo de presentación de ofertas, e xustificando a data da imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 45 días.

e) Admisión de variantes: admítense variantes sobre as condicións particulares de referencia especificadas na cláusula 4.3 do prego de prescricións técnicas, sempre respectando os requisitos de obrigado cumprimento definidos no prego.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica.

b) Domicilio: complexo administrativo San Lázaro s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: en acto público o décimo día hábil seguinte ó remate do prazo de presentación de ofertas procederase á apertura das ofertas técnicas e económicas.

e) Hora: 12.00.

10. Gastos de anuncios: 1.300,00 A máximo. Serán por conta do adxudicatario.

11. No caso, portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde poidan obterse os pregos: www.xunta.es/contratacion.

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2003.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego de Promoción

Económica