Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Luns, 22 de setembro de 2003 Páx. 11.934

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA, ECONÓMICO-FINANCEIRA E CONTABLE

RESOLUCIÓN do 26 de agosto de 2003 pola que se fai pública a adxudicación dun contrato administrativo no exercicio 2003.

Adquisición de 200 ordenadores persoais con destino ó CIXTEC, delegacións territoriais, distintas dependencias da Consellería de Economía e Facenda e oficinas liquidadoras de distrito hipotecario.

1. Entidade adxudicataria.

a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable, CIXTEC.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral do CIXTEC.

c) Número de expediente: 8/2003.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: subministracións.

b) Descrición do obxecto: adquisición de 200 ordenadores persoais con destino ó CIXTEC, delegacións territoriais, distintas dependencias da Consellería de Economía e Facenda e oficinas liquidadoras de distrito hipotecario.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia: día 2 de maio de 2003; corrección de erros: 8 de maio de 2003; Boletín Oficial del Estado: 6 de maio de 2003; Diario Oficial de las Comunidades Europeas: 11 de abril de 2003.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación. Importe total: douscentos setenta e dous mil euros (272.000,00 A), IVE incluído.

5. Adxudicación.

a) Data: 28 de xullo de 2003.

b) Contratista: Coremain, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: douscentos setenta e dous mil euros (272.000,00 A), IVE incluído.

Santiago de Compostela, 26 de agosto de 2003.

Gonzalo Gómez Montaña

Director xeral do Centro Informático para a Xestión

Tributaria, Económico-Financeira e Contable