Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Luns, 22 de setembro de 2003 Páx. 11.934

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CÉDULA do 1 de agosto de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador número 61/2003 PPR, por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 7 de xullo de 2003, a instructora do procedemento dictou proposta de resolución do expediente sancionador número 61/2003 PPR, incoado na Delegación Provincial da Consellería de Sanidade de Pontevedra a La Despensa de Nana, S.L.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícase ó director/a xerente de La Despensa de Nana, S.L., o contido da dita proposta que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle sabe-lo dereito que o asiste, ó abeiro do disposto no numero 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta delegación provincial no prazo de 15 días hábiles, contado desde o seguinte ó da publicación desta cédula, lembrándolle-lo seu dereito a consulta-lo expediente, depositado nas dependencias desta delegación, sita na avda. de Vigo, número 16 de Pontevedra, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Pontevedra, 1 de agosto de 2003.

María Dolores Pan Vázquez

Delegada provincial de Pontevedra

ANEXO

Número do expediente: 61/2003 PPR.

Denunciado: La Despensa de Nana, S.L., con CIF núm. B36805083.

Último enderezo coñecido: rúa Álvaro Cunqueiro, número 22; 36211 Vigo (Pontevedra).

Feito imputado: supostas infraccións en materia sanitaria.

Preceptos presuntamente infrinxidos: artigo 2 2º.2 do Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da producción agroalimentaria.

Capítulo primeiro, pto. 2 c), d), pto. 4, capítulo V, pto.1 e capítulo IX, pto. 2 e 3 do anexo ó Real

decreto 2207/1995, do 28 de decembro, polo que se establecen as normas de hixiene relativas ós productos alimenticios.

Artigo 3.1º, 3.3º e 3.5º, artigo 5.1º, artigo 7.1º, artigo 10 e artigo 12 do Real decreto 3484/2000, do 29 de decembro, polo que se establecen as normas de hixiene para a elaboración, distribución e comercio de comidas preparadas.

Artigo 9 do Real decreto 1712/1991, do 29 de novembro, sobre rexistro xeral sanitario de alimentos.

Tipificación: artigo 35º A) 1ª, 2ª da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade.

Sanción proposta: catrocentos euros (400 A).

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA,

ECONÓMICO-FINANCEIRA

E CONTABLE