Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Luns, 22 de setembro de 2003 Páx. 11.936

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 13 de agosto de 2003, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, pola que se fai pública a adxudicación do contrato do servicio de limpeza deste complexo hospitalario (Hospital Santa María Nai e Hospital de Día) (C.P. 5/2003).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 6 da Orde do 14 de marzo de 2002 (DOG nº 66, do 5 de abril) da Consellería de Sanidade, e en cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, acorda darlle publiciade á adxudicación da seguinte contratación:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Complexo Hospitalario de Ourense, rúa Ramón Puga, número 52, 32005 Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Contratación.

c) Número de expediente: C.P. 5/2003.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: servicio de limpeza do Complexo Hospitalario de Ourense (Hospital Santa María Nai e Hospital de Día).

b) Datas de publicación: Diario Oficial de las Comunidades Europeas: 5-4-2003; Boletín Oficial del Estado: 15-4-2003; Diario Oficial de Galicia: 28-4-2003.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: 1.470.000 euros (IVE incluído).

5. Adxudicación.

a) Data: 1 de agosto de 2003.

b) Adxudicatario: Eurolimp, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: 1.461.476,32 euros (IVE incluído).

e) Período de execución do contrato: 18 meses.

6. Data de envío do anuncio: 26-8-2003.

7. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE).

Ourense, 13 de agosto de 2003.

Alfonso Clemente González

Xerente xeral do Complexo Hospitalario de Ourense