Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Luns, 22 de setembro de 2003 Páx. 11.932

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de agosto de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Innovación, Industria e Comercio, pola que se lle dá publicidade á adxudicación do contrato de servicios consistente no desenvolvemento dunha campaña publicitaria de potenciación do comercio retallista na Comunidade Autónoma de Galicia. (Expediente 3/2003 DXC).

Para os efectos previstos no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, esta secretaría xeral acordou darlle publicidade á adxudicación do contrato de servicios consistente no desenvolvemento dunha campaña publicitaria de potenciación do comercio retallista na Comunidade Autónoma de Galicia (exp. 3/2003 DXC).

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Innovación, Industria e Comercio.

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Comercio e Consumo.

Número de expediente: 3/2003 DXC.

2. Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: servicios.

Descrición do obxecto: o deseño, planificación e execución dunha campaña de publicidade en medios audiovisuais para potencia-lo comercio retallista na Comunidade Autónoma de Galicia.

Data de publicación do anuncio de licitación no DOG: 30 de xuño de 2003.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 450.000,00 euros, IVE incluído.

5. Adxudicación.

Data: 29 de xullo de 2003.

Adxudicatario: Luis Ferreira Asociados, S.L.

Nacionalidade: española.

Importe de adxudicación: catrocentos corenta e sete mil trinta euros con oitenta e cinco céntimos (447.030,85 euros), IVE incluído.

Santiago de Compostela, 25 de agosto de 2003.

Jesús Vázquez San Luis

Secretario xeral da Consellería de Innovación,

Industria e Comercio