Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Luns, 22 de setembro de 2003 Páx. 11.932

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de agosto de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Innovación, Industria e Comercio, pola que se lle dá publicidade á adxudicación do contrato de servicios consistente no desenvolvemento dun sistema de información que soporte a actividade da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, nos servicios centrais e nas delegacións provinciais da Consellería de Innovación, Industria e Comercio. (Expediente 5/2003 SX).

Para os efectos previstos no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, esta secretaría xeral acordou darlle publicidade á adxudicación do contrato de servicios consistente no desenvolvemento dun sistema de información que soporte a actividade da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, nos servicios centrais e nas delegacións provinciais da Consellería de Innovación, Industria e Comercio (exp. 5/2003 SX).

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Innovación, Industria e Comercio.

Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

Número de expediente: 5/2003 SX.

2. Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: servicios.

Descrición do obxecto: desenvolvemento dun sistema de información que mecanice as actividades tanto dos procedementos administrativos incluídos no sistema de xestión de procedementos administrativos, como as tarefas propias de xestión que non entran no fluxo do sistema de xestión de procedementos administrativos. O sistema de información comezará coa realización dunha análise funcional, o deseño técnico, a programación, as probas unitarias e de sistema, da implantación nos postos de traballo e a formación dos usuarios.

Data de publicación do anuncio de licitación no DOG: 20 de xuño de 2003.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 240.404,84 euros, IVE incluído.

5. Adxudicación.

Data: 11 de agosto de 2003.

Adxudicatario: Altia Consultores.

Nacionalidade: española.

Importe de adxudicación: cento noventa e dous mil trescentos vintetrés euros con oitenta e sete céntimos (192.323,87 euros), IVE incluído.

Santiago de Compostela, 25 de agosto de 2003.

Jesús Vázquez San Luis

Secretario xeral da Consellería de Innovación,

Industria e Comercio