Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Luns, 22 de setembro de 2003 Páx. 11.931

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de agosto de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Innovación, Industria e Comercio, pola que se lle dá publicidade á adxudicación do contrato de consultoría e asistencia consistente na realización dun estudio para o establecemento das bases do fomento da implantación en Galicia de industrias e tecnoloxías vinculadas á enerxía solar. (Expediente 3/2003 DXI).

Para os efectos previstos no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, esta secretaría xeral acordou darlle publicidade á adxudicación do contrato de consultoría e asistencia consistente na realización dun estudio para o establecemento das bases do fomento da implantación en Galicia de industrias e tecnoloxías vinculadas á enerxía solar. (Expediente 3/2003 DXI).

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Innovación, Industria e Comercio.

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas.

Número de expediente: 3/2003 DXI.

2. Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: consultoría e asistencia.

Descrición do obxecto: realización dun estudio que permita establece-las bases do fomento da implantación en Galicia de industrias e tecnoloxías vinculadas á enerxía solar.

Data de publicación do anuncio de licitación no DOG: 23 de xuño de 2003.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 75.000,00 euros, IVE incluído.

5. Adxudicación.

Data: 1 de agosto de 2003.

Adxudicatario: Gestlink Negocios.

Nacionalidade: española.

Importe de adxudicación: setenta e cinco mil euros (75.000,00 euros.), IVE incluído.

Santiago de Compostela, 25 de agosto de 2003.

Jesús Vázquez San Luis

Secretario xeral da Consellería de Innovación,

Industria e Comercio