Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Luns, 22 de setembro de 2003 Páx. 11.930

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de agosto de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Innovación, Industria e Comercio, pola que se lle dá publicidade á resolución de adxudicación do contrato de servicios consistente no desenvolvemento dunha campaña publicitaria sobre a artesanía de Galicia para o ano 2003. (Expediente 2/2003 DXT).

Para os efectos previstos no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que

se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, esta secretaría xeral acordou darlle publicidade á adxudicación do contrato de servicios consistente no desenvolvemento dunha campaña publicitaria sobre a artesanía de Galicia para o ano 2003.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Innovación, Industria e Comercio.

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Tecnoloxía e Desenvolvemento Sectorial.

Número de expediente: 2/2003 DXT.

2. Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: servicios.

Descrición do obxecto: o desenvolvemento dunha campaña publicitaria que se realizará no verán e no mes de decembro, aproveitando as datas do Nadal, para procura-la difusión e divulgación da imaxe gráfica da marca Artesanía de Galicia entre a sociedade galega, así como a análise e repercusión que tería no propio colectivo artesanal. O citado obxecto dividirase nos seguintes lotes: lote I: definición e deseño da campaña publicitaria, e lote II: realización, seguimento e avaliación da campaña publicitaria.

Data de publicación do anuncio de licitación no DOG: 28 de maio de 2003.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 373.275,00 euros, IVE incluído, distribuído nos seguintes lotes: lote I: definición e deseño da campaña, 18.000,00 euros; lote II: realización, seguimento e avaliación da campaña, 355.275,00 euros.

5. Adxudicación.

Data: 4 de xullo de 2003.

Adxudicatario:

Lote I: J&J del Río, S.L.

Lote II: J&J del Río, S.L.

Nacionalidade: española.

Importe de adxudicación:

Lote I: dezasete mil cincocentos euros (17.500,00 euros), IVE incluído.

Lote II: trescentos cincuenta e catro mil novecentos sesenta euros (354.960,00 euros), IVE incluído.

Santiago de Compostela, 18 de agosto de 2003.

P.D. (Orde 21-1-2003, DOG 17)

Jesús Vázquez San Luis

Secretario xeral da Consellería de Innovación,

Industria e Comercio